O Centro Cultural Caixanova de Vigo acolleu o pasado día 17 de outubro, as actuacións das corais "Apóstol Santiago", "Allegro" e o "Coro Clásico" de Vigo. Concerto de case dúas horas, ao que asistiron o Presidente da Deputación de Pontevedra e outras Autoridades.
Este concerto realizouse como colofón ao “I Certame de Corais Deputación de Pontevedra” celebrado coas corais de Vigo, en Castrelos, os pasados días 6, 7, 20 e 21 de marzo.
As corais que actuaron son as gañadoras do citado certame e saíron a escena da 3ª á 1ª (Apóstolo Santiago, Allegro e Coro Clásico). Entre o seu repertorio destacaron temas como “Jericho” de Everett Covin, “Fredom Trilogy” de P. Halley ou “A tu lado” de J. Busto.
O Teatro García Barbón foi un excelente marco para unha actuación moi aplaudida polo numeroso público asistente.

| Actuación da Coral Allegro |
Cantares, J.M.Serrat
Only You, de Vince Clarke
Sun sun paloma, de Arsenio Rodríguez
Cantar de nenos, de M.Caeiro y J. Busto
Freedom trilogy de Paul Halley
| Actuación da Coral Apóstol Santiago |
| Actuación do Coro Clásico |
Vídeos gentileza de Javier Steinbrugger (Gracias Javi!)